Asemblea Nacional de Nicaragua

A Asemblea Nacional de Nicaragua é o órgano que exerce o poder lexislativo en Nicaragua. Está integrada por 92 deputados que son electos para un período de cinco anos mediante o voto. Do total de deputados, 70 son electos de acordo ás circunscricións departamentais e rexionais, mentres que o resto teñen carácter nacional.

A Constitución de Nicaragua dispón que o Presidente e Vicepresidente da República ocuparán os cargos de deputados propietario e suplente, respectivamente, unha vez culminaran o seu período constitucional, tamén farán o mesmo os candidatos a Presidente e Vicepresidente que obtivesen o segundo lugar.

Todos os deputados posúen a inmunidade parlamentaria no exercicio das súas funcións como tales. Anteriormente á Revolución Sandinista, o poder lexislativo era chamado Congreso e a súa sede encontrábase no Palacio Nacional de Nicaragua, actual Palacio da Cultura.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search